Noticias‎ > ‎

COPA GALICIA ESCOLAR DE XIMNASIA DE TRAMPOLÍN. 2019

publicado a la‎(s)‎ 21 sept. 2019 10:00 por Pilar Iglesias


26/05/2019

Xinzo de Limia

O Club presentou á I Copa Galicia Escolar 31 ximnastas nos aparatos de Minitramp simple, Dobre Minitramp e Trampolín, tendo representación en tódalas categorías existentes

A competición non puido ir mellor para os e as pavillonistas de nivel Escolar que subiron ao podio 42 veces, acadando un total de 22 ouros, 9 pratas e 11 bronces, tendo en conta que hai 5 categorías femeninas e 5 masculinas en cada aparato podemos percatarnos ate que punto goza de boa saúde o Nivel Escolar do Club, si ben hai que ter en conta que un bo grupo destes ximnastas darán xa o paso en breve á competición Base.

Compre destacar a participación dos mais pequenos: Daniela Rodríguez Augusto e Daniel Rodríguez Pérez que sendo os únicos participantes do CXP no nivel 1 masculino e feminino proclamáronse campións os dous en Trampolín e Dobre Minitramp, Diego fixo triplete subindo ao mais alto do podio tamén en Mintramp.

O nivel IV masculino e feminino foi totalmente pavillonista tanto en Trampolín como en Dobre Minitramp e case completo en Minitramp. O mesmo sucedeu co nivel III feminino en Trampolín.

Deixámosvos en documento adxunto os resultados desta Competición.

Parabéns a Eduardo Novelle Man e Néstor González Pérez, principais responsables da competición de Nivel Escolar polo magnífico traballo que están a facer.


Comments