Noticias‎ > ‎

Copa Deputación 2017- Modalidade Ximnasia Rítmica

publicado a la‎(s)‎ 5 jun. 2017 0:37 por carmen blanco
Na edición máis participativa da Copa Deputación ata o de agora, con un total de 26 individuais e 57 conxuntos na modalidade de ximnasia rítmica,  o noso club fixo pleno na competición, obtendo cinco metáis con cinco participacións.

Na modalidade individual, onde tan só participaba Alexia Pérez Ribo en categoría alevín, a nosa ximnasta proclamouse subcampiona de Copa Deputación.

Na modalidade de conxuntos presentábamos tan só catro conxuntos (o resto de conxuntos de nivel autonómico militan no nivel de promoción). Os conxuntos prebenxamín, cadete e senior obtiveron o ouro e o bronce foi para o equipo alevín.

As  nosas compañeiras do Escola Pavillón realizaron tamén un excelente papel obtendo sete metáis cos trece conxuntos que presentaron.

Parabéns a todas as participantes e o próximo curso máis e mellor!

Comments