Noticias‎ > ‎

Copa Deputación- Ximnasia Trampolín

publicado a la‎(s)‎ 3 jul. 2019 3:47 por carmen blanco
O 25 de maio tivo lugar en Xinzo de Limia a única fase da Copa Deputación que recolle a competición de Ximnasia en Tumbling e Minitramp; este ano por primeira vez este evento deportivo recolleu tamén unha exhibición de Trampolín na que solo participou o noso club cos seus deportistas Base e Escolares.

O Club presenta na modalidade de Trampolín solamente a ximnastas de nivel Escolar e que non compiten en ningún aparato nin en ningunha outra modalidade en categorías superiores á Escolar; pero a pesares diso estes ximnastas fixeron unha meritoria competición amosando o que levan traballado nesta temporada.

En MINITRAMP  subíronse ao podio en categoría Benxamín: Anne González Pérez (bronce), a pesares de levar tan solo dúas temporadas no Club, o mesmo que PatrickCelis López (ouro) e con algo mais de experiencia Gael GutiérrezIglesias (bronce).

En categoría Infantil: Artur Permuy Fernández (ouro) e Bárbara Miguel Ferreira (prata)

En categoría absoluta: Ariadna Chayán Valencia (prata), SophiaNovelle Man (bronce), Juan José Cambre González (ouro) e Rubén Castillo López (prata). Estes ximnastas son os mais experimentados na competición Escolar.

Na modalidade de TUMBLING: Diego Rodriguez Pérez (ouro prebenxamín), PatrickCelis López (ouro benxamín) e Ariadna Chayán Valencia (bronce en categoría absoluta).

Comments