Pamplona (10-11-2019) As senior acadaban unha moi boa puntuación aínda que tiveron algún erro no seu exercicio. Colocaronse no posto 13º entre as 23 participantes. As alevíns tampouco realizaron o mellor exercicio da temporada pero aínda así foron 9ª das 20 participantes. Os dous conxuntos resolveron con moita maestría os pequenos erros cometidos, poñendo en práctica a súa experiencia en competición nacional. Ademáis estamos moi orgullos@s de que as nosas notas das tres fases da Copa 2019 contarán para colocar a Galicia no posto 7º da clasificación final por autonomías. Ambos conxuntos teñen aínda moito marxe de mellora na percura dese exercicio "perfecto" que seguro que chegará no Euskalgym ou no Nacional de conxuntos. Parabéns!! |
Noticias >