Noticias‎ > ‎

Copa da Reina- Gijón

publicado a la‎(s)‎ 5 may. 2016 13:18 por carmen blanco   [ actualizado el 5 may. 2016 13:25 ]
O sábado 23 de abril, en Gijón, tivo lugar a primeira edición da Copa da Reina de conxuntos de base pola mañán, e na xornada de tarde unha  edición máis da Copa da Reina individual de nivel absoluto.

Os nosos conxuntos alevín e xuvenil non tiveron o seu mellor día e houberon de se conformar cos postos 14 e 21 respectivamente. pero foi unha interesante experiencia que serviu para mellorar o seu nivel competitivo.
 
A sorpresa chegou pola tarde na Copa da Reina Absoluta. Galicia estaba representada por Andrea Brozos, Alba Pita e Laura Pena do club Esquío e a nosa Nerea, que se estreaba como parte dunha selección galega. As catro saíron a defender os seus exercicios, en xeral con boas actuacións. Pero Nerea acadou un execelente sexto posto nunha competición de moito nivel, con unha actuación moi correcta que tivo unha puntuación de 10,875.

Parabéns a todas!



 a todas!

Comments