Noticias‎ > ‎

Copa Conxuntos Base (Guadalajara-12 abril 2019)

publicado a la‎(s)‎ 4 may. 2019 10:13 por carmen blanco   [ actualizado el 4 may. 2019 10:29 ]
O venres 12 de abril competiron os nosos tres conxuntos de Nivel Base no Polideportivo Multiusos de Guadalajara na Copa de España.

As primeiras en saltar  ó tapiz foron as alevíns. Os nervios xogáronlle unha mala pasada no seu debut nacional e dous erros graves cara ó final do exercicio non deixaron ver o gran avance desta tempada. Ocuparon o posto 33 da clasificación xeral.

As infantís realizaron un exercicio moi expresivo e sen caídas pero con certas imperfeccións nos lanzamentos que o código cobra caros. Tiveron o posto 48 da clasificación de máis alta participación do campionato.

As cadetes tiñan o seu turno pola tarde e xusto antes de sair ó tapiz unha das compoñentes sufriu unha indisposición que lle provocou un desvanecemento ocasionado seguramente pola calor da zona de quecementos. Isto retrasou a saída ó tapiz unha media hora. Aínda así competiron sen erros graves pero realizando un exercicio falto de forza e expresión que as levou ó posto 40, despois dunha tempada excepcional.

Non foi un dos mellores campionatos pero xa sabemos que... "Algunhas veces se gaña e outras se aprende"  (John Maxwell)


Comments