Noticias‎ > ‎

COPA CONXUNTOS BASE- Valencia (19-20 decembro 2020)

publicado a la‎(s)‎ 25 dic 2020 11:29 por carmen blanco
Segundo turno de competición nacional de 2020. Por fín chegou o día e competiron en Valencia os conxuntos alevín e cadete que previamente lograran a súa participación no mes de marzo.

O primeiro conxunto en competir foi o cadete, ó que lle tocou o día 19. Realizaron un bó exercicio e colocáronse no posto 22 da clasificación xeral co seu exercicio de mazas e pelotas.

O conxunto alevín de primeiro ano competíu o día 20. Estiveron moi lindas e ocuparon nada menos que o posto 13 da clasificación.

Agora a seguir traballando para o autonómico e nacional, xuntamente cos conxuntos prebenxamín e alevín de segundo ano.

Moitisimo ánimo a todas!!!

Comments