publicado a la(s) 29 dic. 2014 12:47 por Pilar Iglesias
[
actualizado el 29 dic. 2014 12:48
]
A RFEG ven de facer un chamamento a diversos ximnastas de Trampolín dos distintos clubs españoles para unhs xornadas de tecnificación no CAR de S. Cugat del Vallés. comeza así un ciclo de tecnificación cara a formación do equipo junior que no ano 2016 conformará a selección española nos Campionatos de Europa. A selección para estas xornadas faise tendo en conta a posición no ranking nacional, e a actividade vai encamiñada a mellorar o seu rendemento deportivo. Deste xeito do 5 ao 8 de decembro trasladáronse a Barcelona os seguintes ximnastas do noso club: María Salas Cid Noa Puente-Dod álvarez Daniel Fernández Méndez Diego Feijoo González Lucas Domuro Arias Acompañados pola adestradora Ada Pazos, o equipo disfrutou dunha concentración deportiva de alta calidade nunhas inmellorables instalacións deportivas que non acostuman a ver os nososdeportistas. Ademais do rendemento deportivo a xornada supuxo tamén a convivencia nun entorno deportivo con ximnastas de distintos clubs. |
|