Noticias‎ > ‎

COMPETICIÓN MUNDIAL POR IDADES DE TRAMPOLÍN 2018

publicado a la‎(s)‎ 21 nov. 2018 13:41 por Pilar Iglesias   [ actualizado el 22 nov. 2018 10:07 ]
Dez ximnastas do Club foron seleccionados para representar a España na Competición Mundial por Idades de Trampolín que este ano se celebrou en S. Petersburgo (Rusia). Pedro Castaño Garrido, Saúl Rodríguez Rodríguez, María Fujú García Varela, Marta Rodríguez Cancio, Alejandra Braña Barreiros, Noa Puente-Dod Álvarez, María Salas Cid, Guillermo García Varela, Nicolás Cid Rancaño e Lucas Domuro Arias acompañados dos seus adestradores: Iago Covela Iglesias e Ada Pazos Sánchez Rubio compartiron experiencias co resto de compañeiros e compañeiras da delegación española.

Si xa é un logro importante que un número tan elevado de saltadores fosen seleccionados, os resultados non defraudaron. Pese a ter erros que non permitiron demostrar parte do duro traballo da tempada, a expedición regresou a España cos mellores resultados da súa historia nun evento destas características.
Marta Rodríguez Cancio acadou a decimoquinta praza en trampolín individual e a quinta nas finais de dobre minitramp, sendo a primeira das clasificadas españolas en ambos aparellos.

María Fujú García Varela, que o ano pasado xa fora finalista en dobre minitramp, quedou a só tres postos da final sendo a segunda das españolas.
Alejandra Braña Barreiros foi a primeira das clasificadas españolas en trampolín individual acadando o posto 32 da táboa xeral da súa categoría.
Guillermo García foi o segundo español en trampolín individual acadando a praza 42 da táboa xeral.

María Salas Cid e Noa Puente - Dodd Álvarez acadaron a clasificación á fase final en trampolín sincronizado. Pelexaron polo metal pero finalmente foron superadas por Rusia, Xapón e a outra parella de españolas que participaba nesta categoría composta por Marina Chavarría e Erika Sanz reparando nunha máis que meritoria 4 posición.

Parabéns a ximnastas, adestradores e pais por este gran traballo.
Comments