O equipo de trampolín clausurou a tempada competitiva con outra excepcional participación do equipo feminino. Neste caso as pequenas: Rocío Salas Cid, Arantcha Bello Rodríguez e Marta Rodríguez Cancio lograron un ouro en DMT e prata en Trampolín, xusto por debaixo do equipo británico. Individualmente Arantcha Bello acadou tamén a prata en DMT. Outros ximnastas entraron en finais, como María Salas Cid, Daniel Fernández Méndez e Eduardo Novelle Man, quedándose Daniel a solo un posto do podio en categoría junior en trampolín. |
Noticias >