O día 13 de maio acudimos a Xinzo para participar no
provincial de promoción, escolar e segunda fase da copa diputación. Comenzabamos por la modalidade individual de promoción onde Almudena Moreiras se colocou primera na categoria benxamín e Daniela Muradás e Candela Nogueiras foron segunda e terceira en categoría alevin. Na modalidade de conxuntos acudiamos con catro conxuntos (prebenxamín, benxamín, infantil e cadete). Debido a que non se presentan en Ourense máis conxuntos a este nivel competitivo, supuxo máis un control que as nosas ximnastas defenderon con acerto.
A nivel escolar participabamos con catro conxuntos dos cales tres (prebenxamín, cadete e senior) conseguiron clasificarse para o galego escolar que se celebrará o próximo 27 de maio en Carballiño. Na segunda fase da Copa Deputación participou además a nosa individual Alexia Ribo que se colocou primera. O domingo participaba o equipo formado por Nerea, Candela Sierra, Lorena, María Rodríguez, Sabela e Lucía na primeira fase da Liga Iberdrola. O equipo quedou clasificado na doceava posición, que nos deixou fóra das restantes fases. Pero viñemos en xeral con boas sensacións cara a seguinte cita, o día 21 de maio en Riazor, no Campionato Galego de Clubs.
|
Noticias >