Noticias‎ > ‎

Campionato Provincial de Promoción e Escolar

publicado a la‎(s)‎ 10 may. 2016 10:52 por carmen blanco
EXCEPCIONAIS RESULTADOS PARA O CLUB XIMNASIA PAVILLÓN E CLUB XIMNASIA ESCOLA PAVILLÓN

O domingo 8 de maio celebrouse o provincial de promoción e escolar en O Carballiño.

A mañán comezaba cos individuais de promoción. Na categoría prebenxamín, Noa Codeso proclamabase campiona galega, Candela Chaparro subcampiona e terceira clasificada María Pereira, todas elas do noso conxunto prebenxamín de promoción. En alevin, a nosa Carla González foi segunda.

Na modalidade de conxuntos no houbo en realidade competición porque os catro equipos provinciais eran un de cada categoría. O conxunto prebenxamín acadou un 7,5, a nota máis alta de toda a competición.

En escolar participaban conxuntos das escuadras pavillonistas e das escolas de Barbadás, Celanova e Xinzo. As categorías máis pequenas tiñan moi alta participación e era difícil auparse a podium. Finalmente fomos campións e subcampións en prebenxamin, campións en benxamin, segundos en alevin, campións e subcampións en infantil e primeros e terceros en cadete. Todo isto coloca ás nosas nenas no campeonato galego escolar, que terá lugar en Riazor o 28 de maio.

Para finalizar a xornada houbo exhibicións de trampolín, acrobática, ritmica e ximnasia xeral nas que tamén participamos cos nosos ximnastas.

Parabéns a todos os clubs e escolas participantes e a seguir traballando así de bén!
Comments