Entre os días 29 e 30 de novembro competían en Zaragoza os nosos conxuntos absolutos alevin e senior na máis importante
competición de todo o ano. As expectativas, despois dunha
excelente tempada, eran boas pero o obxectivo previsto non se acadou. Tras uns
anos nos que apenas erramos nos exercios executados nas máis
importantes citas nacionais, esta non foi tan satisfactoria. Ambos conxuntos tiveron erros importantísimos nos seus
exercicios, en ambos pases, e, aínda así, obitveron unhas nada desdeñables
clasificacións, sendo o alevín 18º
clasificado entre os 31 conxuntos participantes na súa categoría. As senior, por súa parte foron 31º entre os
50 conxuntos participantes.
Valoramos moi positivamente a tempada que acaba de rematar na que ambos conxuntos se clasificaron para as tres fases de Copa de España obtendo moi boas clasificacións en case todas, e o excelente papel realizado no recente Euskalgym. Xa comezamos coa programación da vindeira tempada na que o alevín se estreará na categoría infantil e as súas compañeiras adquirirán veteranía tras o seu primeiro ano na categoría senior. Ademáis estamos xa a tope preparando os novos exercicios dos conxuntos nacionais e autonómicos!!!. |
Noticias >