Noticias‎ > ‎

Campionato Nacional de Conxuntos Nivel Absoluto

publicado a la‎(s)‎ 17 ene. 2018 12:30 por carmen blanco
O campionato nacional de conxuntos absoluto celebrouse do 1 ó 3 de decembro en Valladolid. Participaron catro dos nosos conxuntos (benxamín, infantil, júnior e sénior).

As nosas benxamíns debutaban en conxuntos absolutos e cumpliron con dous pases cheos de enerxía. Acadaron un sexto posto da clasificación.

As infantís fixeron unha competición moi regular con dous pases practicamente sen erros. Acadaron o posto 26 na categoría con máis participación do campionato.

As ximnastas do equipo júnior tiveron algúns erros importantes no primeiro pase, pero con un gran segundo pase subiron na clasificación xeral e finalmente obtiveron o posto 20 da clasificación.

O equipo sénior fixo un bó primeiro pase pero tras un par de caídas importantes no segundo, caeron na clasificación final ata o posto 41. 

Con esta competición damos por rematada a tempada 2017 e comezamos xa con moita ilusión a do 2018, do que esperamos máis e mellor!

Comments