Noticias‎ > ‎

Campionato Nacional de conxuntos Base

publicado a la‎(s)‎ 20 nov. 2016 12:18 por carmen blanco
O PAVILLÓN PREBENXAMÍN DÉCIMO NO NACIONAL DE BASE

Catro conxuntos dos nosos conxuntos participaron en Valladolid no campionato nacional de base os días 11 e 12 de novembro.

O primeiro en saltar ó tapiz foi o alevín de primeiro ano, composto por Iria, Vera, Sara, Uxía, Carmen e Sabela. Tiveron erros notables que as arrastraron ó posto 61 da clasificación. As alevíns maiores non tiveron moita máis sorte e tamén se deixaron vencer polos nervios. O seu exercicio colocouse 54 na clasificación.

Xa pola tarde, as prebenxamíns debutaban en competición nacional e fixérono con nota, exactamente un 9,400 que as colocou no posto 10 da clasifición. A xuvenís competiron a última hora e tamén tiveron erros que as fixeron baixar da nota para a que estaban preparadas, clasificándose no posto 61.
Comments