publicado a la(s) 29 nov 2015 3:59 por carmen blanco
[
actualizado el 29 nov 2015 4:00
]
Tres dos nosos conxuntos de base desplazaronse o fin de semana do 26 ó 29 de
novembro a a Zaragoza para participar no Nacional de Conxuntos de Nivel Base. O conxunto alevín (Antía, Daniela, Noa,
Sara, Candela e Laura) foi o que mellor clasificación obtivo, quedando pola
mitade da clasificación xeral, no posto 37 das 69 participantes. O conxunto benxamín,
formado por Iria Cudeiro, Vera, Carmen, Uxía, Sara e iria Lorenzo, realizaron un excelente
exercicio, tendo en conta que se trata dun conxunto con moitas novas
incorporacións. Tiveron unha moi boa puntuación e quedaron clasificadas no
posto 32. As cadetes (Marta, Ainoa, Lucía, Lidia e Yanira) tiveron moitos erros
e importantes que as levaron ó posto 70.
Pero sen dúbida o máis importante que nos deu esta
competición foi o terceiro posto do
conxunto senior do Esquío de Ferrol na Copa da Reina que tamén se
desenvolvía o sábado día 21 na xornada de tarde en Zaragoza e que vai mostrando
a melloría do nivel das galegas. Dende aquí a nosa felicitación para o Club
Esquío.
Agora queda outra
cita importante: Nacional Absoluto de conxuntos, sen esquecer unha estación
intermedia, o TORNEO NADAL no que todas as nosas ximnastas mostrarán o traballo
deste último trimestre do ano.
|
|