MURCIA PON O PUNTO E FINAL Á TEMPADA DE CONXUNTOS 2016 O campionato nacional absoluto de conxuntos tivo lugar en terras murcianas do 1 ó 4 de decembro. As pavillonistas acudimos con catro conxuntos. As que mellor competiron sen ningunha dúbida foron as máis novas da expedición, as infantís de primeiro ano. Pecharon dous ejercicios case perfectos disfrutando e fancéndonos disfrutar, chegando ó posto 33 da clasificación entre medio centenar de conxuntos de toda España. As infantís de segundo ano, tras un primeiro pase con importantes erros nunha parte do ejercicio, melloraron a súa actuación no segundo pase e acadaron o posto 36. As junior e senior viviron unha tempada marcada polas lesións pero competiron con moitas gañas ata o final, sendo 47 e 35 respectivamente. |
Noticias >