Por fin chegou a medalla nacional! Entre os días 28 de xuño e 2 de xullo as nosas doce ximnastas individuais e os tres conxuntos viaxaban a Logroño coa maleta cargada de ilusión por conseguir o mellor resultado posible. As benxamíns (Candela, Noa, Laura, Paula, Noa e Mariña) conseguiron realizar os seus exercicios con bastante acerto e este campeonato foi para elas unha importantísima experiencia. Na rotación de pelota Candela estivo moi preto de conseguir entrar na final pero os erros a levaron á décima posición. En mans libres Paula foi tamén décima. Os equipos colocaronse nos postos 11, 12 e 13 da clasificación xeral. Na categoría junior Sabela, María e Lucía non realizaron os seus exercicios como nos tiñan habituados nesta tempad colocaron ó equipo no posto 42. Na categoría senior, Lorena realizou un excelente exercicio de aro prácticamente sen erros e foi a mellor situada, no posto 19 da clasificación. Ana realizou tamén un exercicio moi correcto e Antía, despois dunha importante lesión non foi acompañada pola sorte. O equipo senior colocouse no posto 38 da clasificación xeral. Na xornada de Copa da Reina os nosos conxuntos infantil e senior abriron a competición. A primeira puntuación para o club foi a das infantiles, un 11,085 que nos auguraba unha boa posición. Tivemos que agardar ata o final da rotación para ver cumplido un soño: a medalla de bronce para Candela Díaz, Claudia, Julia, Sara, Uxía e Candela Pérez. O conxunto senior colocouse no posto 14 e as junior, despois dun exercicio con moitos erros, obtivo o posto 12. As nosas infantis fixeron historia no CXP e desexamos que esta fose a nosa primeira medalla nacional pero non a última. |
Noticias >