O equipo senior formado por Nerea e Blanca logrou a 36º posición dentro da clasificación por equipos. O aro de Nerea foi o mellor dos tres aparatos conseguindo un 9,067 que a colocou no posto 25 da clasificación. Por súa parte, Antía brindounos un excelente exercicio de mazas e estivo menos afortunada coa pelota. As súas notas e as das súas compañeiras do Club Acordes, situaron o equipo no posto 30 da clasificación junior. Dende as nosas páxinas queremos felicitar a todo o equipo de voluntarios e voluntarias do Club Treboada pola súa adicación na labor de organizar este campionato. Ademáis agradecemoslle que conseguirán traer a Galicia un evento tan importante. |
Noticias >