Noticias‎ > ‎

Campionato Nacional Conxuntos Base

publicado a la‎(s)‎ 13 nov. 2019 8:23 por carmen blanco
Pamplona- (7, 8, 9 de novembro de 2019)

Entre os días 7 e 9 de novembro desenvolvíase no Navarra Arena de Pamplona o Campionato Nacional de conxuntos base. 
As primeiras en competir foron as nosas benxamíns que realizaron un excelente exercicio e, a pesares de ser a súa primeira competición nacional, acadaron o posto 11 da clasificación. 
O venres na xornada de mañán competían alevín e infantil. As alevíns non tiveron caídas de aparato pero tampouco estiveron tan soltas como no galego; algunha falta de execución e desincronización  levounas a un nada despreciable posto 50. As infantís non tiveron o seu  mellor día e obtiveron o posto 82 entre máis de 100 participantes, tras erros  importantes.
O sábado era o turno de cadetes e xuvenís. As cadetes realizaron un dos mellores exercicios da temporada pero a falta de altura, sobre todo, dalgúns lanzamentos, levounas ó posto 59. As xuvenís estrearonse ó grande na competición nacional. Dominaron moi ben os nervios  e colocaronse no posto 32 da clasificación.

Estamos moi orgull@s destes cinco conxuntos que se preparan para a súa última cita da temporada: Euskalgym!!!

Comments