Noticias‎ > ‎

Campionato Nacional Conxuntos Base

publicado a la‎(s)‎ 14 nov. 2018 9:10 por carmen blanco   [ actualizado el 14 nov. 2018 9:10 ]
O día 9 de novembro en xornada de mañán competían en Murcia os nosos dous conxuntos infantís de nivel base. Había 96 conxuntos participantes nesta categoría e as nosas ximnastas realizaron un excelente papel.

As máis madrugadoras foron Antía, Sara, Noa, Carla, Candela, Paula e Laura que realizaron un dos mellores enteiros de toda a tempada. Obitveron unha nota de 10,700 que as colocou moi por riba da mitade da clasificación, no posto 28.

Algo máis tarde foron as máis pequeñas, Carmen, Vera, Iria, Uxia, Sabela e Daniela as que, con algún erro que outro, sobre todo no principio do exercicio, otiveron o posto 55 con un 8,950.

Queda para estes conxuntos unha competición, o Euskalgym, que están preparando con moita ilusión.

Parabéns a ximnastas e adestradoras!!

Comments