Entre os días 14 e 16 de decembro competían no Navarra Arena os nosos catro conxuntos de nivel absoluto. Todos eles competiron con moita madurez, realizando dous pases, en xeral, con poucos erros. O conxunto senior, que se despedía da rítmica nesta competición ocupou o posto 44. O conxunto junior de primeiro ano realizou un primeiro pase pouco acertado pero logrou o sábado a mellor actuación da tempada chegando ó posto 34 da clasificación xeral. O conxunto junior de segundo ano mostrou a súa regularidade con dous pases correctos, sendo moito mellor o primeiro, no que, no que a puntuacións ser refire, non axudou abrir a competición. Aínda así lograron colocarse entre os 18 mellores conxuntos. As alevíns, que este ano sufriron o seu primeiro ano na categoría, competiron con moita serenidade e colocaronse no posto 23. Con esta competición pechamos a tempada de rítmica e comezamos en breve a vindeira para estar a punto en marzo. |
Noticias >