Noticias‎ > ‎

Campionato Nacional Absoluto de Conxuntos

publicado a la‎(s)‎ 28 dic. 2015 3:12 por carmen blanco


Os nosos catro conxuntos de nivel federado competiron en Valladolid no Campionato Absoluto de Conxuntos entre os días 11 e 13 de decembro. A mellor clasificación foi obtida polo conxunto infantil constituído por Lucía, María, Paula, Sara, Sabela, Rebeca e Sabela de Martín. Nunha das categorías de máis alto nivel da competición, este conxunto, con ximnastas todas elas de primeiro ano de infantil, logrou colocarse no posto 20 das 44 participantes. O primeiro día o nivel acadado pola execución do exercicio fixo vibrar a grada pavillonista e xa colocou a estas ximnastas no posto 22, obtendo aínda mellor nota no segundo pase, acadando  unha nota final de 19,050 .
Noutra das categorías de gran nivel competitivo, a categoría junior, o noso conxunto (Candela, Eva, Paula, Uxía, Marta e Lorena) colocouse no posto 45. O conxunto senior (Nerea, Ana, Antía, Sara, María e Blanca) realizou dous pases con erros importantes e obtiveron o posto 36. As alevíns (Sara, Claudia, Julia, Candela Díaz, Candela Pérez e Uxía) realizaron unha moi boa e regular competición como viña sendo habitual nesta tempada e obtiveron o posto 33.

Con esta competición damos por finalizadas a tempada 2015. Esperamos que o 2016 veña cargado de bós resultados para as nosas ximnastas.
Comments