Noticias‎ > ‎

Campionato Individual, de clubes e autonomías

publicado a la‎(s)‎ 12 oct. 2016 11:37 por carmen blanco


Entre os días 21 ó 26 de xuño desenvolveuse en Guadalajara este campionato no que o noso club participaba con unha ximnasta individual absoluta, un equipo senior e dous equipos junior (un deles con tres ximnastas cedidas dos clubes Maniotas, Acordes e Esquío).

Nerea, que participou no absoluto, non tivo a súa mellor competición e nin os exericicios, nin os postos nin as notas acadadas foron os esperados. A súa mellor nota foi en aro pero moi lonxe da acadada na Copa de España, nesta ocasión obtivo un 8,333, quedando na posición 45. En cinta quedo no posto 49 (7,383) e en mazas no posto 48 (8,250).

No equipo senior destacou Antía que realizou o mellor exercicio e obtivo a mellor nota de todas as ximnastas pavillonistas, un 9,133. Este equipo acadou o posto 52 da clasificación xeral sumando a esta nota as notas de María, en aro e Ana, en cinta

O equipo junior mellor clasificado foi o formado por Candela, con corda, Lorena, con aro e pelota e Paula con mazas, obtendo o posto 57 na clasificación xeral.

O equipo junior constituido por Uxía (ximnasta do noso club), Elena (do Club Maniotas), Inés Luque (do Club Esquío) e Lucía (do Club Acordes) obtivo o posto 59.
Comments