Noticias‎ > ‎

CAMPIONATO GALEGO RÍTMICA MASCULINA

publicado a la‎(s)‎ 15 nov 2020 11:41 por carmen blanco

VIGO- 24 DE OUTUBRO

O sábado 24 de outubro competían os nosos ximnastas masculinos (Damián, Jose, Edu e Patrick). Era o que levabamos agardando moitos meses e disfrutaron moito pese ós lóxicos nervios da primeira competición en tantos meses. Patrik, de categoría benxamín tiña a clasificación asegurada e realizou dous exercicios excelentes. Os tres alevíns estiverosn moi acertados. Damián foi prata, José bronce e Edu foi cuarto clasificado obtendo así os catro o pase para o Nacional. Esperan meses de moito traballo e moita incertidume pero estamos seguros e seguras de que equipo técnico e ximnastas poñerán toda a súa ilusión e bó facer.

Parabéns a todos e moita sorte no nacional!!
Comments