Noticias‎ > ‎

CAMPIONATO GALEGO PROMOCIÓN- Streaming (27-12-2020)

publicado a la‎(s)‎ 29 dic 2020 3:45 por carmen blanco
O día 27 de decembro puidemos ver ás nosas ximnastas de nivel promoción. As restriccións e dificultades para adestrar afectaron moito á competición autonómica e non puideron mostrar no tapiz todo o que son capaces de facer. Pero estamos seguros de que o 2021 virá cheo de boas sensacións.

Pola mañán era o turno das nosas ximnastas individuais Sofía (benxamín) e Marta (infantil). Ambas compatibilizan os adestramentos co conxunto e os adestramentos individuais. Sofía foi 5º e Marta 13º na clasificación xeral galega.

Pola tarde os conxuntos obtiveron dous bronces nas categorías benxamín e cadete. O conxunto infantil foi 5º e o alevín 6º.

Todas disfrutaron desta xornada de competición e con esta damos por terminada a actividade de 2020 a nivel autonómico. Tras un descanso duns días voltaremos con pilas moi cargadas para enfrontar o 2021.

Comments