Por fin puidemos ver ós nosos conxuntos escolares. Apenas puideron adestrar con normalidade os seus exercicios máis alá de dúas ou tres semanas e aínda así estamos tremendamente orgullosos do seu traballo e o das súas adestradoras. O de menos son os resultados porque todos teñen para nós o ouro. Pero parabéns os conxuntos que acadaron medalla: · Conxunto Iniciación Club Ximnasia Pavillón, que foi ouro na clasificación xeral galega. · Conxunto Prebenxamín Club Ximnasia Pavillón, bronce na clasificación do sector sur · Conxunto Benxamín Escola Pavillón A, bronce na clasificación do sector sur · Conxunto Cadete Club Ximnasia Pavillón, bronce na clasificación do sector sur Moitisímo ánimo para 2021 porque a tempada acaba de comezar!!! |
Noticias >