O domingo día 15 de marzo, doce das nosas ximnastas desprazaronse a Ribadeo para participar no campionato galego de base individual. Os obxectivos desta competición, mellorar a preparación das ximnastas cara ós campionatos de conxuntos de base, foron logrados. As nosas deportistas conseguiron preparar a un bó nivel os seus exericios individuais en tempo record. E o mellor de todo foi o espíritu de equipo que en todo momento mostraron dentro e fóra do tapiz. Por decisión técnica, e precisamente para poder comezar pronto a preparación dos conxuntos benxamín, alevín e cadete base, o Club non asistirá ó campionato nacional individual de base, a pesares dos resultados obtidos no galego, que nos permitirían acodir con dez das nosas ximnastas a este nacional. Parabéns a todas e moita sorte nesta tempada individual para todos os equipos do club!! |
Noticias >