Noticias‎ > ‎

Campionato Galego Escolar Ximnasia Rítimica

publicado a la‎(s)‎ 3 jul. 2019 4:12 por carmen blanco   [ actualizado el 3 jul. 2019 4:15 ]

Marín, 26 de maio de 2019


Dous quintos postos e un oitavo dos once conxuntos do noso club no Galego Escolar onde compiten os mellores conxuntos galegos deste nivel.

Na xornada de mañán competían as senior, cadetes e infantís. As senior con algún erro no exercicio remataron 5º. As cadetes non tiveron o seu mellor día e, con erros importantes ocuparon os postos 15ª e 16ª da clasificación. Os tres conxuntos  infantís tampouco estiveron moi acertadas e baixaron ós postos 22ª, 23ª e 24ª.

Xa pola tarde abrimos a competición coa categoría prebenxamín e, tras un pequeno problema de música, o equipo máis novo dos dous, soubo concentrarse moi ben e remataron o seu exercicio con moito acerto. Ocuparon os postos 5º e 8º da clasificación. O conxunto benxamín foi 12ª e foron 20º e 24º os conxuntos alevíns.

Estamos moi satisfeitos/as destes resultados nunha competición de cada vez máis alto nivel e participación, tendo en conta que ningún destes conxuntos supera as catro horas de adestramento semanal.

Noraboa a todas e esperámosvos con moitas forzas para a próxima temporada!!

Comments