28/05/2019 Marín (Pontevedra) O Campionato Galego Escolar de Trampolín reunío en Marín á toda a ximnasia de Trampolín galega. No Nivel Escolar o Club presentou este ano un número menor de ximnastas (18 ximnastas) xa que a maioría dos que levaban con nós mais de tres anos pasaron xa a competición en Nivel Base en todos os aparatos o que incrementou a participación neste segundo nivel xa de competición nacional. No nivel Escolar o Club levaba representación en todas as categorías excepto en Nivel I e Nivel III masculino. Hai que destacar a participación de Daniela Rodríguez Augusto a única participante que o Club ten en Nivel I Feminino e que acadou o ouro nos tres aparatos (Minitramp, Dobre Minitramp e Trampolín). O mesmo aconteceu coa mais veterana Clara Iglesias Pérez tamén podio nos tres aparatos. Deixámosvos un documento cos resultados desta competición. |
Noticias >