O sábado día 27 de
maio de tiña lugar en Carballiño o Campionato Galego Escolar de ximnasia
rítmica coa participación dun total de 97 conxuntos de toda Galicia.
O Club Ximnasia Pavillón participaba con tres conxuntos e con outros sete as nosas compañeiras do Escola Ximnasia Pavillón. As nosas prebenxamíns (Sheila, Daniela, Noa, Xisela, Laura, Leire e Cristina) nunha das categorías de máis alta participación, obtiña a prata, proclamándose así subcampionas galegas. O conxunto cadete foi onceavo e décimo o conxunto senior. Dende aquí queremos facer unha mención especial tamén ó conxunto infantil do Escola Ximnasia Pavillón que foron quintas e moi preto do pódium. Parabéns a todos os conxuntos ourensáns participantes e en especial ás nosas subcampionas! |
Noticias >