Noticias‎ > ‎

Campionato Galego de Promoción 2017

publicado a la‎(s)‎ 22 jun. 2017 13:24 por carmen blanco
Moi bós resultados para o noso club no Galego de Promoción celebrado en O Carballiño o día 10 de xuño. Participaban Amudena, Daniela Muradás e Candela Nogueira, ademáis dos nosos catro conxuntos.

Almudena foi proclamada subcampiona galega na categoría benxamín. Realizou o seu exercicio con moita corrección aínda que con algún erro que a apartou  só unha décima do máis alto do pódium. As nosas alevíns, Daniela e Candela non alcanzaron pódium pero deron mostras de mellorar día a día a calidade dos seus exercicios respecto a anteriores citas.

O conxunto prebenxamín (Jimena, Mónica, Martina, Lía, Candela Gosende e Maya) foi subcampión galego a tan solo 0,40 do ouro. O conxunto benxamín (Candela Salgueiros, Abril, Salma, Candela Martínez, Sabela, Almudena e Isabel) obtivo un excelente cuarto posto que crea moi boas expectativas para estas nenas. O conxunto infantil ( Laura, Enma González, Paula Fernández, Paula Montero, Yaiza, Enma Blanco e Alba) tivo menos sorte xa que non foi o seu mellor exercicio desta tempada e situouse no posto 16º.

Xa pola tarde viría a gran sorpresa do día. O noso conxunto cadete, con cinco cintas, fíxose co ouro e Carla Moral, Marta, Uxía, Xiana, María Laura, Leire e Carla Valdés proclamaronse campionas galegas de promoción  na modalidade de conxuntos nesta categoría. O noso equipo técnico, en especial Miriam, a súa adestradora, está moi satisfeita da tempada destas nenas que, ademáis dan fé da importancia da paciencia nun deporte coma este, xa que levan no club moitos anos e con un gran nivel deportivo que acabaron plasmando na competición, realizando un exercicio impecable de execución.

Parabéns a todas as participantes!

 

Comments