Noticias‎ > ‎

Campionato Galego de Promoción- Ourense, 9 de xuño

publicado a la‎(s)‎ 24 jun. 2018 14:41 por carmen blanco
Dous ouros, unha prata e un bronce son o resultado desta xornada autonómica.

O sábado 9 de xuño no Paco Paz competimos con seis conxuntos de nivel promoción. Foi un día redondo. Os seis conxuntos realizaron os seus exericicios case sen erros, mostrando o que saben facer e pecharon así unha excelente tempada.

Na xornada de mañán o conxunto benxamín do Club Ximnasia Pavillón proclamouse campión galego, sendo quinto o benxamín do Escola Pavillón con unha excelente nota (moi preto das notas de podium). O conxunto cadete acadou o bronce.

Na xornada de tarde os conxuntos alevín e infantil, en categorías de moi alta participación e nivel, como ven sendo habitual nesta competición, foron séptimas e novenas respectivmante. O conxunto prebenxamín foi subcampión con un exerciciio realizado con moita alegria e seguridade.

Para finalizar a xornada, a coreografía de Brancaneves  logrou o primeiro posto para o noso club na modalidade de ximnasia xeral.

Rematada a tempada no nivel autonómico, moita sorte nas citas nacionais para a estética e a rítmica!!
Comments