Noticias‎ > ‎

Campionato Galego de Promoción

publicado a la‎(s)‎ 23 jun. 2016 11:55 por carmen blanco

O domingo día 18 de xuño na Cancha Central do Pavillón dos Remedios as nosas prebenxamíns (Claudia, Mariña, Paula, Laura, Candela, María e Noa) fixeronse con un total de catro medallas.


Durante a mañán desenvolveuse a competición individual na que Noa conseguiu o ouro, Candela a prata e María o bronce. Tamén na modalidade individual competía en categoría alevín, Carla, que, estreándose en competición individual e incluso en competición autonómica, realizou un exercicio moi  correcto.

Xa pola tarde, na modalidade de conxuntos, as alevíns e infantís fixeron un bó papel pero con erros que, nunha competición con cada vez máis alto nivel, nos alonxaron dos postos de pódium. As alevins foron décimas, con un 5,10, das dezasete participantes da súa categoría. As cadetes foron tamén décimas, con un 6,60, dos vinteún conxuntos infantís.

No final da tarde, eran de novo as prebenxamíns as que nos daban un grato final de xornada. Conseguían o ouro, con unha excelente nota (8,65), realizando un exercicio case sen erros e sobre todo con moita forza no tapiz.

Noraboa a todas as participantes polo seu traballo e, sobre todo a estas campionas prebenxamíns!

Comments