Noticias‎ > ‎

Campionato Galego de conxuntos nivel federado

publicado a la‎(s)‎ 2 nov. 2017 11:06 por carmen blanco
MARCHAMOS A VALLADOLID CON UN OURO E DÚAS PRATAS AUTONÓMICAS

O domingo día 29 de outubro participamos cos nosos catro conxuntos de nivel federado, na Cancha Central do Pavillón dos Remedios, no Campionato Galego clasificatorio para o nacional a celebrar en Valladolid entre os días 30 de novembro e 3 de decembro.

O conxunto senior (Ana, María, Antía, Lorena, Uxía, Candela e Paula) fíxose co 2º posto. O conxunto junior (María, Rebeca, Sabela, Sara, Paula e Lucía) foi subcampión galego. O conxunto infantil (Sara, Claudia, Candela Díaz, Candela Pérez, Uxía e Julia) obtivo o 4º posto.

O conxunto benxamín proclamouse campión galego con un bonito exercicio que supuxo o seu debut en competición nesta tempada.

Quedan moitos detalles por pulir para as seguintes competicións que nos esperan e esperamos que todas as nosas ximnastas traballen con moita ilusión para seguir mellorando.

 

Comments