Noticias‎ > ‎

Campionato Galego de conxuntos nivel absoluto

publicado a la‎(s)‎ 10 nov. 2018 6:33 por carmen blanco
A Coruña- Riazor (3 de novembro de 2018)

Conseguimos un record histórico: tres ouros de catro posibles no galego de conxuntos.

As primeiras en saltar ó tapiz foron as benxamins. O obxectivo do corpo técnico para elas (Martina, Lía, Maya, Xisela, Sheila, Grettel e Leire) non era máis que rodalas coas mellores para preparalas para a competición deste nivel. Sorprendéronnos a todos realizando un bó exercicio no seu primeiro pase e con algúns erros no segundo, quedando cuartas clasificadas.

Na  categoría alevín, Noa, Candela, María, Paula, Mariña, Claudia e Laura, recuperaron a regularidade que as ven caracterizando e realizaron un exercicio case perfecto na primeira rotación e con algunha imprecisión na segunda. Acadaron o primeiro posto da categoría.

Na categoría junior o primeiro conxunto en competir foi o conxunto junior de primeiro ano. Candela Díaz, Julia, Claudia, Sara, Uxía e Candela Pérez acadaron o terceiro posto no primeiro pase pero finalmente foron cuartas. Por súa parte, Sabela, María, Rebeca, Paula, Sara e Lucía, non tiveron o seu mellor día en competición e, con algúns erros,  a súa tenacidade e templanza ata o final conseguiu que lograran o seu obxectivo: ser campionas galegas.

Finalmente na categoría senior, Lorena, Candela, Uxía, Paula e Lidia realizaron un dos mellores pases da tempada na primeira rotación e con algún que outro erro na segunda, obtiveron tamén o ouro.


Os cinco conxuntos acadaron a clasificación para o nacional absoluto de Pamplona no mes de decembro, aínda que o benxamín, por decisión técnica, non viaxará e pospón a competición nacional para o 2019.

Moitisima sorte nas vindeiras citas

Comments