Noticias‎ > ‎

Campionato Galego de Conxuntos Base

publicado a la‎(s)‎ 12 oct. 2016 11:49 por carmen blanco


Iniciamos a tempada de conxuntos na casa e con excelentes resultados: un ouro, un bronce e unha prata.


Na categoría prebenxamín, o conxunto formado por Claudia, Mariña, Candela, Noa, Paula, María e Laura foron único participante. Realizaron dous brillantes exercicios, nos que obtiveron mellor nota que no Campionato de Promoción do mes de xuño, no que xa foran campionas galegas.

Na categoría alevín o conxunto formado por Antía, Daniela, Sara, Noa, Candela, Laura e Carla, conseguiron a prata e o noso conxunto de primeiro ano de alevín (Iria, Carmen, Vera, Sabela, Sara e Uxía) quedou en cuarta posición.

Na categoría xuvenil, Marta, Ainoa, Lucía, Yanira e Lidia, conseguiron o bronce..

Xa pola tarde, o conxunto infantil de segundo ano (Lucía, Sabela Rodríguez, María, Rebeca, Paula, Sara e Sabela de Martín) dábannos unha grande sorpresa sendo clasficadas para representar a Galicia, xunto con outros catro conxuntos galegos, tras ser seleccionadas no control entre catorce conxuntos de toda a comunidade.
Comments