Noticias‎ > ‎

Campionato Galego de Conxuntos Base

publicado a la‎(s)‎ 25 oct. 2015 5:16 por carmen blanco   [ actualizado el 25 oct. 2015 5:18 ]
O domingo día 18 de outubro celebrouse na xornada de mañán,  na Cancha central do Pavillón dos Remedios o Campionato Galego de Conxuntos de Base.

Abriron a competición as nosas prebenxamíns (Mariña, Claudia, Candela, Noa, Laura, Paula e María), todas elas de primeiro ano de categoría. Fixeron un excelente exercicio no primeiro pase e tiveron algúns erros no segundo. Colocaronse segundas na clasificación, tras o conxunto do Club Maniotas.


O conxunto benxamín ((Iria Cudeiro, Vera, Sara, Iria López, Uxía e Carmen), con catro ximnastas que se estrean no nivel base, está dando mostras dunha moi boa progresión. Foron segundas tras o Club As Triscas.


As alevíns (Antía, Noa, Sara, Daniela,Laura e Candela), tamén todas de primeiro ano da categoría realizaron un brillante campionato e quedaron terceiras clasificadas, tras o conxuntos dos Clubes Triscas e Acordes.


O conxunto cadete, (Marta, Ainhoa, Janira, Lucía, Lidia e Ilmira) brindaron dous exercicios con moita elegancia, aínda que tiveron  erros, o que as apartou do podio tan só por tres décimas na suma total dos dous exercicios.


Os  conxuntos benxamín, alevín e cadete participarán no nacional a celebrar en Zaragoza.

 

Xa na xornada de tarde participaron os catro conxuntos federados na primeira fase do autonómico, con exercicios moi dinámicos e alegres que  nos fixeron disfrutar. Esperamos limar os erros cara á segunda fase, na que nos xogamos non só o pódium senon a clasificación para o nacional.

 Parabéns a toda a ximnasia galega que está a demostrar un nivel cada vez máis alto, e moita sorte para os nosos catro conxuntos  en Vigo o día 31 de outubro.

Comments