Noticias‎ > ‎

Campionato Galego de clubs

publicado a la‎(s)‎ 26 may. 2017 13:01 por carmen blanco   [ actualizado el 26 may. 2017 13:03 ]

Gran campionato galego das nosas ximnastas!

O día 21 de maio no Pavillón de Riazor, competían os nosos cinco equipos buscando unha praza para o nacional.

As benxamíns non tiñan difícil a clasificación dado que son as únicas benxamíns galegas de nivel absoluto. Todas lograron hacer realizar moi bós exercicios e saír contentas do tapiz. Candela e Noa proclamáronse campionas galegas; o equipo formado por Laura e Paula foron segundas e Mariña, Claudia e María foron terceiras clasificadas.

As junior non o tiñan tan fácil. Sete equipos buscaban meterse entre os catro primeiros para ter billete ó nacional. María, Lucía e Sabela competieron concentradas e realizaron os seus exercicios con muoita calidade. Foron terceras na clasificación xeral, sendo Lucía segunda coas mazas e María e Sabela terceiras con cinta e pelota respectivamente.


No equipo senior competían só con dous aparatos a falta das mazas de Antía que aínda se está recuperando da súa lesión. Ana foi segunda en cinta e Lorena, con un excelente exercicio foi primeira. O equipo, aínda mermado, rozou o pódium, quedando cuarto clasificado.

Parabéns  a todas e todas a polo nacional!

Comments