Na xornada de mañán disputouse o Campionato Galego de Base clasificatorio para o nacional. Os nosos conxuntos alevín e infantil obtiveron a segunda praza. O primeiro en competir foi o conxunto alevín (Uxía, Carmen, Vera, Iria, Daniela, Sabela e Sara) que realizou un primeiro pase con algúns erros pero melloraron moito o segundo. O conxunto infantil (Daniela Abad, Noa, Sara, Antia, Candela e Carla) tivo erros que pagou caros no seu primeiro pase e tamén logrou unha segunda rotación moi acertada que as colocou en segunda posición proclamándose subcampionas galegas. Xa pola tarde tiña lugar o control clasificatorio para a Copa de España Individual Base e Copa de España de conxuntos de nivel absoluto. En competición individual participaban Paloma Oliver e Sabela de Martín en categoría cadete e Marta Mangana e Lidia Babarro en categoría senior, clasificándose para a Copa Marta e Lidia. No control de conxuntos de nivel absoluto os nosos conxuntos infantil e junior realizaron os seus exercicios con moita seguridade e finalmente foi o conxunto junior o que conseguiu a clasificación. Parabéns a todas as participantes de moita sorte cara ás vindeiras citas! |
Noticias >