Noticias‎ > ‎

Campionato Galego Conxuntos Base e Control Copa de España

publicado a la‎(s)‎ 12 oct. 2019 10:07 por carmen blanco   [ actualizado el 12 oct. 2019 10:09 ]
DOMINGO 6 DE OUTUBRO- OURENSE
O domingo día 6 vivimos un día moi emocionante. Os oito conxuntos nacionais se daban cita na Cancha Central buscando o pase para Pamplona.
Na xornada de mañán foi o Campionato de conxuntos de nivel base. Os conxuntos cadete e infantil non acadaron podium, a competición era moi dura e tiveron algúns erros que lles restaron nota, acadaron os postos 4ª e 5ª respectivamente. O conxunto xuvenil non tivo o seu mellor día e, tras erros importantes  no primeiro pase e unha  mellor execución no segundo, conseguiron a prata. O conxunto benxamín estivo moi acertado nos dous pases, facendo gala da regularidade que as ven caracterizando nesta primeira parte da tempada, foron tamén subcampionas galegas. Pero a alegría máis grande foi a que nos deu o conxunto alevín que se alzou como campión galego.
Pola tarde os nosos tres conxuntos absolutos alevín, junior e senior loitaron por unha das dúas prazas por categoría que lles darían o pase á Fase Final de Copa de España. O conxunto junior realizau o seu exercicio sen erros importantes pero non foi suficiente para ter praza para Pamplona. Os conxuntos alevín e senior obtiveron a segunda mellor nota en cada categoría e conseguiron este billete á Copa. 
O máis importante da xornada foi o entusiasmo que se viu na grada con cada un dos nosos conxuntos. Parabéns a todas as ximnastas e moitas grazas a esta afición que fixo vibrar o Pavillón dos Remedios!!
Próxima cita importante: Campionato Galego de conxuntos de nivel absoluto e de novo en Ourense!!    
Comments