Foi un fin de semana con moita rítmica no Pavillón dos
Remedios. O noso club tivo a honra de colaborar coa Federación Galega de
Ximnasia para levar a cabo esta competición con un estricto protocolo. Todos os
clubs de Galicia demos mostra da nosa responsabilidade ante a COVID19.
Na xornada do sábado pola tarde era o turno dos conxuntos absolutos. Todos eles mostraron no tapiz todo o traballo intensísimo destes meses, con máis dificultades para os conxuntos senior que viron mermados os días de adestramento dende o mes de outubro. O conxunto senior CXPOurense e o conxunto infantil realizaron uns exercicios brillantes e ambos foron campións galegos, obtendo así a clasificación para a Copa de España. Os conxuntos junior e senior do Escola Pavillón estrearonse no nivel absoluto e as sensacións cara ós nacionais son moi boas. O junior foi cuarto e sexto o senior. O domingo pola mañán abrían a competición as prebenxamíns sendo primeiras clasificadas aínda cos nervios propios do seu primeiro campionato. O conxunto alevín de primeiro ano obtivo o bronce e o cadete foi cuarto. Queda para estes sete conxuntos máis o alevín de segundo ano que non puido participar, un nadal de moito traballo para chegar o mellor posible ás competicións de xaneiro. |
Noticias >