Noticias‎ > ‎

CAMPIONATO GALEGO CONXUNTOS BASE- CONTROL COPA DE ESPAÑA

publicado a la‎(s)‎ 14 oct. 2018 10:43 por carmen blanco
Clasificadas para  Murcia con cinco conxuntos.

Comezamos a tempada de conxuntos con boas vibracións. Tras a xornada clasificatoria que tivo lugar en Marín o sábado día 6 de outubro serán cinco os conxuntos cos  que participaremos en Murcia.

No control para Copa de España de nivel absoluto, non puidemos clasificar ós catro conxuntos. As alevíns non realizaron o seu mellor exercicio e clasificaronse no segundo posto da súa categoría. O conxunto junior de segundo ano e senior clasificaronse ámbolos dous coa mellor nota nas súas respectivas categorías.  Non puido ser para o conxunto junior de primeiro ano, a pesares de realizar o seu exerecicio con moita soltura e poucos erros.

Despois deste control tivo lugar o Campionato Galego de conxuntos de nivel base no que o conxunto infantil de segundo ano obtivo o bronce, tras un primeiro pase con  moitos erros e un segundo moito máis acertado. O conxunto infantil de segundo ano, no seu primeiro ano na categoría rematou finalmente na 4º posición, realizando un excelente exercicio no primeiro pase, que as colocara terceiras e baixaron postos tras os erros do segundo pase.


Finalmente en xornada de tarde, participaba no control técnico Sabela de Martín. Acadou o séptimo posto da clasificación.

Agora queda seguir traballando para ir a Murcia nas mellores condicións!!
Comments