Noticias‎ > ‎

CAMPIONATO GALEGO CLUBS- RÍTMICA

publicado a la‎(s)‎ 15 nov 2020 12:00 por carmen blanco

NARÓN- 15 DE NOVEMBRO

Despois de ser aprazada a competición, debido á dificultade de conseguir instalación, por fin puidemos ver ás nosas seis ximnastas no tapiz tras moitos meses de espera.
Pola mañán competía en primeiro lugar Noa, co seu exercicio de corda. Un pouco despois era o turno de Paula co aro. Ambas foron terceiras na clasificacón. Candela, con pelota, foi segunda. Conseguiron a prata por equipos!! As tres ximnastas teñen amplo marxe de mellora cara a competicion nacional que será en Valencia.
Xa de tarde comezaba a competicion senior e tivemos o pracer de ver de novo á nosa ximnasta máis veterana, Nerea, que con 21 anos segue a facer as delicias de todo o club. Tivo algúns erros e foi terceira clasificada. Candela Pérez e Julia foron tamén terceiras con mazas e cinta respectivamente. 
Todas estas ximnastas están facendo un enorme sacrificio compaxinando os adestramentos idividiuais cos conxuntos e a situación para o deporte base non está sendo a mellor. Ainda así estamos moi agradecidos e agradecidas á Federación Galega de Ximnasia polo seu esforzo en aras da participación.

Moita sorte en Valencia para as seis!!
Comments