Rematado o Campionato Galego NIVEL BASE de trampolín temos que felicitar a ximnastas e corpo técnico. O Club presentou un total de 12 ximnastas tendo representación en todas as categorías de Base, de eles 7 foron campións galegos nivel Base en un ou os dous aparatos e un total de 14 veces subiron ao podio. En Base 2, a categoría con mais participación (un total de 37 participantes) o Club presentaba sete deportistas dos cales catro subiron ao podio GAIA campiona galega den Dobreminitramp CLAUDIA CASTRO campiona galega en Trampolín pero ademais XIANA foi subcampiona en Trampolín e CLAUDIA conseguiu o bronce en Dobre Minitramp. En Base 3 o Club presentou tres deportistas entre 18 participantes e os tres subiron ao podio en Trampolín: SAMUEL campión galego, RAQUEL subcampiona e LUIS bronce, ademáis do terceiro posto de SAMUEL en Dobre Minitramp. Por equipos o EQUIPO PAVILLÓN B (entre 9 equipos de Trampolín e 14 de DMT) proclamouse CAMPIÓN GALEGO en Trampolín e Bronce en DMT. O EQUIPO PAVILLÓN A foi o segundo equipo mellor clasificado en Trampolín pero a normativa de Base non permite subir ao podio a dous equipos do mesmo Club, e foi o cuarto mellor puntuado. No NIVEL ELITE o Club Ximnasia Pavillón dominou claramente a competición con 35 medallas repartidas entre os distintos aparatos e categorías. O Club presentaba 17 participantes con participación en todas as categorías excepto en Elite 7 e Elite 8 masculino acadando un total de 35 medallas con 12 campións galegos e 1 campión na categoría sub-15 OPEN, 8 subcampións e 5 bronces ademais de outros 2 bronces sub-15 OPEN a estes metais hai que engadir os ouros por equipos e Sincros (4) as 2 pratas e 1 bronce. Os mais pequenos e os únicos representantes do Club en Nivel 4 subiron ao podio en Trampolín, Dobre Minitramp e Sincronismo, proclamándose DANIEL IMRAY CARRASCO campión galego de Trampolín e Dobre Minitramp e AINHARA CAMOEIRAS VÁZQUEZ campiona en Dobre Minitramp.CLAUDIA BLANCO CIDÓN foi triple campiona galega Elite 5: en Dobre Minitramp, Trampolín e Sincronismo. MATEO RODRÍGUEZ PÉREZ foi campión de Galicia Elite 5 masculino en Trampolín e tamén ouro en OPEN sub-15 no mesmo aparato o mesmo metal tivo en sincronismo e acadou a prata en Dobre Minitramp. CASTAÑO GARRIDO foi campión galego en Dobre Minitram e bronce no mesmo aparato OPEN sub-15, quedando subcampión en Trampolín. MARÍA FUJÚ GARCÍA VARELA proclamouse campiona galega Elite 6 nos dous aparatos ALEJANDRA BRAÑA BARREIROS tamén se proclamou campiona galega en Trampolín Elite 7. MARÍA SALAS CID en Dobre Minitramp Elite 8.
Os compoñentes do equipo Senior masculino, incluídos este ano no Plan
de Patrocinios da Fundación Deporte Galego subiron ao podio os tres en
trampolín. Deporte Galego Galicia Saudable ABANCA#deportegalego #galiciasaudable #abanca |
Noticias >