O domingo día 16 de outubro, no Pavillon Municipal das Travesas, en Vigo, os noso catro conxuntos obtiveron a clasificación para o nacional. Na categoría infantil, a de máis nivel de toda a competición, Lucía, Sabela Rodríguez, María Rodríguez, Rebeca , Paula, Sara Blanco e Sabela de Martín, obtiveron a prata. As nosas infantís de primeiro ano. Sara Cid, Claudia, Julia, Uxía Fernández, Candela Díaz e Candela Pérez, foron cuartas, a escasas décimas do podium. Na categoría junior, Candela Sierra, Eva, Paula do Olmo, Uxía Fernández e Lorena, foron segundas. Na categoría senior, Sara Faílde, María Agregán, Ana, Blanca, Nerea e Antía, que este ano están tendo moi mala sorte coas lesións, realizaron un primeiro pase con moitos erros que as sacou dos postos de pódium. No segundo pase conseguiron mellorar moito a nota e colocáronse na cuarta posición. Polo tanto iremos a Murcia cos catro conxuntos. Parabéns a todas as ximnastas e adestradoras! |
Noticias >