Noticias‎ > ‎

Campionato Galego Absoluto de Conxuntos

publicado a la‎(s)‎ 1 nov. 2015 3:45 por carmen blanco
Os nosos catro conxuntos acudirán ó nacional de Valladolid!. Este é o resumo da segunda fase do galego de conxuntos celebrado en Vigo o sábado día 31 de novembro.

O conxunto alevín (Candela Diaz, Candela Pérez, Claudia, Sara, Julia e Uxía) realizaron un gran segundo pase e, tras un primeiro con moitos erros, perderon o posto de pódium que arrastraban da primeira fase celebrada en Ourense e quedaron cuartas clasificadas.

O conxunto infantil, na categoría máis difícil de todo o campionato conseguiu aguantar a presión, tras unha primeira fase na que virtualmente estaba fóra do nacional, e realizaron dous bós exercicios. Lucía, Sabela, Rebeca, María, Sabela de Martín, Sara e Paula, sendo das máis novas da categoría, todas de primeiro ano de infantil,  colocaronse  quintas clasificadas.

Os conxuntos máis veteranos do club, junior e senior, ademáis da clasificación para o nacional, conseguiron auparse no pódium, sendo ambos terceiros clasificados. As junior (Candela, Eva, Marta, Paula, Uxía e Lorena) están  dando mostras dunha gran regularidade e fixeron dous pases con moi poucos erros. As senior (Nerea, Sara, María, Ana, Antía e Blanca) non tiveron o mellor día, con erros nos dous pases. Foron a súa veteranía e calidade técnica as que as colocaron no terceiro posto.

Os catro conxuntos desplazaranse o seguinte fin de semana, xuntamente cos catro conxuntos  de base (prebenxamín, benxamín, alevín e cadete) a Vitoria, onde competirán de novo coa casi totalidade dos clubes galegos e moitos clubes fortes do panorama nacional. A nosa intención é seguir mellorando o rendemento para realizar o mellor papel posible nos respectivos encontros nacionais (Base e Absoluto) a celebrar en Zaragoza e Valladolid respectivamente.

Moita sorte a todas nas vindeiras citas!

Comments