Noticias‎ > ‎

Campionato do Mundo por idades. Eduardo Novelle Man finalista en DMT

publicado a la‎(s)‎ 28 dic. 2015 10:26 por Pilar Iglesias


Do 2 ao 5 de decembro disputouse na cidade de Odense (Dinamarca) o Campionato do Mundo por Idades. Por parte do Club Ximnasia Pavillón foron seleccionados pola Real Federación Española de Gimnasia, 7 ximnastas con idades comprendidas entre os 13 e os 17 anos, para participar neste evento. Culmina así un ano de intenso traballo de ximnastas e adestradores que están realizando unha gran labor para darlle visibilidade á moladidade olímpica de trampolín. O club conseguiu clasificar por segunda vez, a un gran número de ximnastas para este evento.

O CXP trasladou a Dinamarca sete ximnastas que en compañìa da adestradora Ada Pazos desenvolveron un bo traballo. Eduardo Novelle Man, clasificado en DMT e TR conseguiu entrar en finais na competición de DMT categoría 17-18 anos acadando o 7º posto na clasificación final; non tivo sorte, sen embargo na competición de TR onde as molestias do seu nocello lle obrigou a cambiar o exercicio libre que levaba preparado non podendo rematalo.

Diego Feijoo González, clasificado en TR categoría 15-16 anos fixo un bo traballo logrando clasificarse na metade da lista. As parellas de Sincronismo de Guillermo García Varela e Nicolás Cid Rancaño remataron o seu exercicio na posición 17. Non tiveron sorte Maria Salas Cid e Noa Puente-Dod Álvarez ás que os nervios xogáronlle unha mala pasada non podendo rematar o seu exercicio. En DMT Noa acabou no posto 18. Tamén en Sincronismo a parella formada por Lucas Domuro Arias e Adrián Mecha (este último, madrileño) acadaron o posto 21.

O traballo realizado en pro de conseguir un equipo competitivo a nivel nacional e internacional pouco a pouco vai dando resultados loables.
Comments