Noticias‎ > ‎

Campionato do Mundo por Idades de Trampolín. Tokio 2019

publicado a la‎(s)‎ 2 ene 2020 10:23 por Pilar Iglesias
Entre os días 5 e 8 de decembro, nove dos nosos ximnastas de trampolín, acompañados dos seus adestradores: Inmaculada Pazos-Sánchez Rubio e Iago Covela Iglesias participaron representando a España no Campionato do Mundo por Idades celebrado en Tokio no Centro Gimnástico Ariake construído para dar cabida á ximnasia nas Olimpiadas de Tokio.


Como cada ano os ximnastas foron seleccionados despois dun proceso elaborado e seguido pola Real Federación Española de Gimnasia (RFEG). Os e as ximnastas pavillonistas non defraudaron: Pedro Castaño Garrido (categoría 11-12 anos) despois de dous acertados pases no Trampolín Individual rematou posicionado na metade da tabla o que sin duda é un éxito motivador para un ximnasta tan pequeno, o mesmo ximnasta acadou o posto 15º en DMT.

Hugo Vila Pérez (categoría 13-14 anos) para quen era o seu primeiro Campionato do Mundo por Idades conseguiu situarse na metade da tabla en trampolín individual, sendo o representante español mellor posicionado; esta categoría estivo dominada por Gran Bretaña, Rusia, Japón, USA e a veciña Portugal; o mesmo ximnasta xunto con Hugo Rodríguez Pérez acadaron o posto 14 en sincronismo. Na mesma categoría Saúl Rodríguez Rodríguez fixo un excelente primeiro pase de Trampolín que o posicionaba con ese pase no posto 22 de 60 participantes, a saída de aparato no segundo salto non lle permitiu manter a posición pero a progresión do ximnasta quedou manifesta.

Na categoría 15-16 Alejandra Braña Barreiros xunto coa súa compañeira Desirée Valero Prats (CGE Les Moreres) remataron en 9ª posición, ás portas das finais, detrás de Bielorrusia, Rusia, Gran Bretaña, Georgia e Alemania, sendo de novo as españolas mellor situadas.
Xa na categoría 17-21 anos hai que destacar a participación de Noa Puente-Dodd Álvarez que se situou no primeiro tercio da tabla en trampolín individual (posto 17 de 54 participantes), sendo ela tamén a española mellor situada; as súa compañeira María Salas Cid rematou a competición no posto 29; esta categoría estivo dominada por Rusia, USA, Japón, Gran Bretaña e Alemania.
Por último Lucas Domuro Arias e Nicolás Cid Rancaño, despois dunha emocionante preliminar de sincronismo fixeron vibrar as gradas españolas nunha dura final na que obtiverona 5ª posición solo superados por Francia, USA, Alemania e Rusia.

Como resumo da competición poderíamos dicir que predominou o traballo ben feito.

Ano a ano os participantes do Club consiguen manter unha notable presenza na Delegación Española e escalan pouco a pouco posicións no aparato olímpico ao que lle adican os máximos esforzos.

Desde aquí agradecer o Plan de Patrocinios impulsado poa Xunta de Galicia (Deporte Galego, Galicia Saudable e A Banca) que fixo esta competición un pouco mais doada para estes ximnastas.

Comments