Lucía, coas mazas, foi a primeira en competir e tanto ela como Rebeca, en cinta, realizaron os seus exercicios con moita templanza e tan só erraron con pequenas imprecisións. María e Sabela vironse afectadas polos nervios e os seus exercicios de aro e pelota non luciron como outras veces. Aínda así as nosas catro ximnastas colocaron o club no posto 42 dos 59 participantes na competición. Parabéns para as catro porque tan só conseguir a clasificación para este nacional non foi tarefa doada. Toca agora comezar con moita ilusión a preparación do conxunto infantil para estas ximnastas. |
Noticias >